A Escola de Música de Vilagarcía abre a reserva de praza para alumnos de novo ingreso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” abre o vindeiro luns, 2 de maio o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso. A idade mínima para acceder ás ensinanzas musicais que se imparten no centro é de 3 anos. Os interesados dispoñen de prazo ata o 13 de xuño para formalizar a reserva.

Ao igual que o curso pasado, os nenos e nenas poderán comezar os seus estudos na Escola de Música, a partir dos 3 anos, na materia de Iniciación á Música, onde se ofertarán un total de 36 prazas. Tamén haberá prazas en Música e Movemento, para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 7 anos.

Os nenos e nenas que cumpran 8 anos antes do 31 de decembro de 2014 ou sexan maiores desta idade, deberán inscribirse nun determinado instrumento de entre as especialidades que oferta o centro, podendo solicitar praza ata en tres instrumentos diferentes, por orden de prioridade). As 16 especialidades que oferta o centro son Clarinete, Saxofón, Frauta traveseira, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Piano, Guitarra, Baixo Eléctrico, Percusión, Violín, Viola, Violoncello e Contrabaixo.

As solicitude de ingreso deberán presentarse no prazo mencionado nas oficinas da Escola Municipal de Música, sita na antiga Escola do Ramal, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 pola mañá. Tamén e poderá realizar o trámite pola tarde, os martes de 16:00 a 17:00; e os xoves e venres de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais, os interesados poden facer chegar a solicitude de novo ingreso por correo electrónico, na seguinte dirección: escolamusica@vilagarcia.es, para o cal deberán indicar o nome do alumno que solicita praza, data de nacemento, teléfono de contacto, e no caso de cumprir 8 anos antes do 31 de decembro ou ser maior desta idade, indicar o instrumento ou instrumentos nos que solicitan praza.

9 de maio de 2014 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.