A empresa Celso Míguez abre en Mos unha nave de venda de produtos agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Visita da alcaldesa de Mos á nova nave

Visita da alcaldesa de Mos á nova nave

Hoxe inaugurouse na nave que a empresa Celso Míguez ten en Mos, situada xunto á Estrada Nacional 550, unha nova sección da mesma adicada á distribución e venda de todo tipo de produtos orientados á producción agrícola (incluído material para a vendima e posterior producción vinícola). No acto de inauguración estiveron presentes o propio Celso Míguez e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto cos concelleiros mosenses de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, Julia Loureiro e Cándido Pérez, respectivamente; así coma os tamén edís Sara Cebreiro e Isidoro Táboas.

A rexedora local mosense agradeceu na súa intervención a Celso Míguez o ter elixido Mos como sede da súa empresa fai xa moitos anos e por decidir hoxe en día ampliar e diversificar o seu negocio tamén nesta localidade. Arévalo declarou sentirse satisfeita de que o tecido empresarial mosense continúe a medrar progresivamente e que empresas de renome, tal é o caso de Celso Míguez entre moitas outras, elixan o termo municipal de Mos para establecerse e medrar comercialmente.

2 de maio de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.