A Deputación da Coruña organiza o primeiro concurso de fotografía “Cidadáns europeos en Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Os centros Europe Direct da Deputación da Coruña e da Cámara de Comercio de Ourense organizan un concurso de fotografía baixo o lema “Cidadáns europeos en Galicia”. O certame vai dirixido a novos residentes na comunidade de entre 15 e 18 anos.

O obxectivo desta convocatoria é reflectir a través de imaxes o día a día da xente que vive en Galicia e mostralo ao resto de Europa. Para iso, as fotografías deberán expresar como son os veciños e que significa para eles ser cidadáns da Unión Europea.

Cada participante poderá presentar unha única fotografía e poden ser tomadas tanto con cámara, teléfono móbil ou outro dispositivo sempre que sexan presentadas en formato JPG. O concurso levarase a cabo a través da páxina de Facebook creada para tal fin: Ciudadanos europeos en Galicia.

Seleccionaranse dous gañadores, que recibirán unha tableta electrónica cada un. Ademais, ao centro educativo que presente máis participantes, desde Europe Direct se lle fará entrega dun “kit europeo” para os seus alumnos.

As bases completas do concurso poden consultarse na páxina web da Deputación.

12 de maio de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.