publicidade hoxe

A Deputación da Coruña destina 33.750 euros á rehabiltiación dos locais de ensaio de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresLocal Portada
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá un convenio co alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, polo que a institución provincial financia o 33,55% da rehabilitación feita na antiga escola unitaria de Santa Eulalia de Lubre para destinala a locais de ensaio para as bandas e grupos do municipio.

En concreto, a Deputación achega 33.751,72 euros a este proxecto cuxo custe total foi de 134.134,99 euros. A actuación tamén contou con 70.000 euros de  axudas da Unión Europea.

O edificio atópase no lugar de Lubre e conta cunha superficie construída de 148,20 metros cadrados divididos en dúas plantas. Na planta baixa construíuse un vestíbulo, un almacén así como aseos e unha primeira sala de ensaio. No primeiro piso habilitáronse outras seis estancias, ademais dun soportal exterior e outro aseo.

O alcalde do municipio agradeceu a contribución da Deputación da Coruña para costear esta obra e explicou que as novas instalacións proporcionarán un lugar de reunión aos veciños da zona. Pese a ser unha das parroquias máis antigas e extensas do municipio, Lubre carecía de instalacións municipais que deran servizo aos residentes da contorna, unha situación que agora se ve solucionada.

2 de maio de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.