A Deputación da Coruña despide aos seus xubilados e homenaxea aos traballadores con 25 anos de servizo

Despedida xubilados da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña celebrou un acto para agasallar aos seus traballadores máis antigos. Entre eles despediu a aqueles que deixan a casa para xubilarse, aos que se lle fixo entrega dunha placa conmemorativa, e honrou a aqueles outros empregados que alcanzaron os 25 anos ao servizo da institución provincial. Neste caso foron máis de 60 persoas as que recibiron a insignia de ouro da Deputación. A celebración tivo lugar nestas datas con motivo do Día de Santa Rita, patroa dos funcionarios da administración local.











