A Deputación da Coruña achega máis dun millón de euros para reparacións nas estradas provinciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio da contratación mediante procedemento aberto das reparacións urxentes das estradas provinciais para 2014 e 2015 por un valor total de 1.076.667 euros.

Con este contrato a Deputación da Coruña busca manter en perfecto estado as vías provinciais e que se poidan arranxar con rapidez os danos e imprevistos xurdidos para permitir a normal circulación dos vehículos.

Así, nestas actuacións inclúese dende a limpeza das drenaxes e sumidoiros, o mantemento dos noiros ou a tala e poda de árbores, ata a reparación e colocación de sinais ou o varrido da calzada.

A iniciativa divide a provincia en oito zonas para facilitar o acceso ás empresas, que terán un orzamento de 134.583,33 euros en cada unha para presentar as súas propostas.

Este programa de obras menores vén completar o Plan de conservación de vías provinciais da Deputación que este ano supera os millóns de euros. Este programa inclúe 34 obras previstas en diferentes grupos de estradas da provincia que se pretenden adxudicar antes de que comece o verán co obxectivo de que estean rematadas a finais de outubro. Cabe destacar a axilidade coa que este ano se tramitou este plan, que permitirá que en outono se empece a traballar xa no do próximo ano.

7 de maio de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.