A décima promoción do Conservatorio de Vilagarcía ofrecen o concerto de fin de grao
O Conservatorio Profesional de Música celebra mañá xoves o Concerto de Fin de Grao do curso 2013/14 co que se despide a décima promoción de estudantes do centro que teñen acadado o Título Profesional de Música. O concerto será a partir das 20:00 horas no Auditorio e a entrada é libre e de balde.
O programa que van interpretar os dez alumnos que remataron o 6º curso no Concerto de Fin de Grao abarca tanto obras instrumentais como de Música de Cámara de diversas épocas e estilos que figura a continuación:
PROGRAMA
Suite francesa nº 1 – Allemande…J. S. Bach
Tema e variacións nº I & V Kv 352 …W. A. Mozart
Cristina Manso Novo, Piano
Nocturno …F. Strauss
Sabela Crespo Domínguez, Trompa
Vladimira Smausová, Piano acompañante
Rondó “Allegro ma non troppo” Sonata Pastoral Op. 28…L. van Beethoven
Andrea Obenza Pérez, Piano
Fantasía para Saxofón e piano …J. Demersseman
Sara Magariños Cardama, Saxofón
Maritza M. Rúan López, Piano
Quator …A. Vivaldi
Juan José López Pereira, Artur Silveiro García, Ismael Álvarez Navia & Ivan Maia Boullosa, clarinetes
Preludios nº 6 & 7 Op. 34 …D. Shostakovitch
Isabel Couceiro Otero, Piano
3º Mov. “Scharamouche” …D. Milhaud
Sara Magariños Cardama, Saxofón
Vladimira Smausová, Piano acompañante
Five Folk Pieces (I & II)…R . Schumann
Adrián Martínez Vieites, Bombardino
Penélope Cervelo Bouzo, Piano
Sonata op.2 nº 1 – 1º mov…L. van Beethoven
Maritza M. Ruán López, Piano
Fantasy for Euphonium …P. Sparke
Adrián Martínez Vieites, Bombardino
Vladimira Smausová, Piano acompañante
3º Mov. Concerto para clarinete e orquestra nº 2 …C. M. von Weber
Juan José López Pereira, Clarinete
Vladimira Smausová, Piano acompañante
Excelentes cualificacións e Premio Fin de Grao
Esta décima promoción obtivo unhas excelentes cualificacións finais e moitos dos alumnos da mesma teñen decidido continuar os estudos superiores de música, ben en Galicia ou noutras comunidades autónomas, tanto en especialidades instrumentais coma en outras coma Pedagoxía ou Composición. Para elo terán que superar unha Proba de Acceso en cada un dos centros aos que se queren dirixir que terá lugar a finais do mes de xuño.
Ata ese intre e aínda que estes alumnos están xa avaliados, o profesorado do Conservatorio continúa traballando con eles co obxectivo de que acaden unha boa cualificación nas probas de acceso aos centro de ensino superior aos que pretende ir para continuar coa súa carreira.
Os dous alumnos que obtiveron Matrícula de Honra no 6º curso son Juan José López Pereira na especialidade de Clarinete e Adrián Martínez Vieites, na especialidade de Bombardino.
Logo deste Concerto de Fin de Grao ,o vindeiro venres 6 de xuño pola mañá terá lugar a convocatoria do Tribunal que xulgará o Premio Fin de Grao, ao que se poden presentar os alumnos que acadaron unha cualificación media no sexto curso de 8 ou superior, que neste curso son un total de tres.











