A D.O. Ribeiro acada 16 medallas no Concours Mondial de Bruxelles 2014
O Concours Mondial 2014, celebrado na capital de Europa, Bruxelas (Bélxica) do 2 ao 4 de maio, vén de facer públicos os resultados desta 20ª edición, na que a Denominación de Orixe Ribeiro recibe dúas medallas de ouro e 14 medallas de prata da man de 14 adegas e colleiteiros.
Esta competición foi creada no ano 1994 por Louis Havaux, nela participan máis de 8.000 viños do mundo que representan máis de 500 millóns de botellas comercializadas. O xurado está composto por expertos internacionais e preto de 40 nacionalidades están representadas no panel de cata, unha diversidade que contribúe á singularidade do evento.
Relación de viños premiados no Concours Mondial de Bruxelles 2014:
Medallas de Ouro:
– Adega do Moucho 2012 de Francisco García Pérez.
– Armán Finca Misenhora 2012 de Bodegas Casal de Armán.
Medallas de Prata:
– 1932 de Pazo Vieite 2012 de Pazo de Vieite.
– Alter 2013 de Viña da Cal.
– Beade Primacía 2013 de A Portela.
– Casal de Armán 2012 de Bodegas Casal de Armán.
– Colección Costeira Treixadura 2012 de Viña Costeira.
– Cuñas Davia 2012 de Adegas Valdavia.
– Eduardo Peña 2013 de Eduardo Rodríguez y Luz Cánovas.
– Gran Alanís 2013 de Bodega Alanís.
– Pazo Lodeiro 2012 de Julio Vázquez Quintela.
– Pazo Lodeiro 2013 de Julio Vázquez Quintela.
– Señorío da Vila 2012 de Bodegas Docampo.
– Terra do Castelo Treixadura 2012 de Cooperativa San Roque de Beade.
– The Flower and the Bee Treixadura 2013 de Coto de Gomariz.
– Val de Souto blanco 2013 de José Manuel Blanco Pérez.











