A Coruña acollerá unha nova edición da Carreira Contra o Cancro… Corre!
A Concellaría de Deportes informa de que o próximo 1 de xuño celébrase a cuarta edición da Carreira Contra o Cancro… Corre! O prazo de inscrición manterase aberto ata as 00.00 horas do 29 de maio na páxina web www.championchipnorte.com. O diñeiro recadado destinarase á investigación e aos programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.
O Club do Corredor Popular e o Concello coruñés organizan o 1 de xuño a IV Carreira Contra o cancro… Corre! As probas comezarán ás 11.00 horas:
– 11.00 horas. Carreira de Pitufos (nados despois de 2006): 300 metros.
– 11.10 horas. Carreira de Benxamíns (nacidos en 2005-2006) e Alevíns (nacidos en 2003-2004): 700 metros.
– 11.20 horas. Carreira de Infantís (nacidos en 2001-2002) e Cadetes (nacidos en 1999 e 2000): 1.500 metros.
– 11.40 horas. Marcha: 2.000 metros.
– 12.10 horas. Carreira de maiores: 5.000 metros. Neste caso, haberá catro categorías: Xuvenil (nacidos entre 1996 e 1998); Absoluta (desde 1995 ata 35 anos); Veteranos 1 (de 36 a 54 anos); Veteranos 2 (de 55 anos en diante).
Os participantes deberán estar presentes, polo menos con 20 minutos de antelación, na liña de saída, situada no paseo marítimo, á altura da chaira de Riazor. O percorrido transcorrerá polo paseo marítimo en dirección ao obelisco Millenium.
As inscricións pódense realizar a través da web www.championchipnorte.com ata as 00.00 horas do 29 de maio. Para a proba de marcha, será posible apuntarse aínda, de maneira presencial no Palacio de Deportes de Riazor, o venres 30 de maio pola tarde e o sábado durante todo o día. As cotas de inscrición son de 3 euros para a carreira de Pitufos; de 4 euros para a Marcha Popular Solidaria e para a carreira de menores de 16 anos; e 6 euros para os maiores, máis 2 euros polo aluguer do chip para os que non o teñan. Tanto a entrega de dorsais como dos chips será no Palacio de Deportes de Riazor o sábado 31 de maio, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e o día da carreira, o 1 de xuño, de 09.00 a 10.30 horas.
Para fomentar a práctica do deporte e como xa ocorreu noutras probas organizadas polo Concello, o vindeiro sábado, 24 de maio, haberá un adestramento aberto a todos os que desexen participar e no que Andrés Díaz e o triatleta Miki Acosta porán os seus coñecementos a disposición dos corredores. Empezará ás 11.00 horas no paseo marítimo, á altura da praza de Portugal. Para participar, é necesario enviar un correo electrónico a carreraspopulares@coruna.es e o Club do Corredor Popular obsequiará unha camiseta exclusiva aos 50 primeiros inscritos.











