A corporación municipal de Cambre homenaxea a Jaime Lisnier

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Corporación Municipal e decenas de traballadores do Concello quixeron sumarse á homenaxe do profesor do CEIP Portofaro do Amorne, Jaime Lisnier, que tras 15 anos de docente en Cambre xubilarase este ano. O alcalde, Manuel Rivas, agradeceu o seu labor docente e encomiou a súa traxectoria profesional. Jaime Manuel López Lisnier comezou a súa andaina como docente do CEIP Portofaro en 1999, fai xa 15 anos, e “a súa traxectoria profesional no campo da formación foi intachable”. “Jaime non só traballou formando persoas nas aulas e achegando os seus coñecementos aos pequenos cambreses, senón que traballou desde a Corporación para tentar liquidar os problemas educativos de todos os cambreses”, explicou Rivas. “Jaime, quero agradecer o labor que levaches a cabo aos longo de tantos anos como docente xa que o teu interese sempre foi formar persoas, un traballo que sen dúbida non é fácil e que é de xustiza recoñecer”, sentenciou Rivas, que tras finalizar as súas palabras entregou unha placa conmemorativa ao docente ante un emotivo aplauso dos asistentes ao acto.

20 de maio de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.