A corporación compostelá recibirá ao Santiago Futsal tras conseguir a Copa Xunta
O Santiago Futsal termina mañá martes a tempada tras proclamarse campión da Copa Xunta o pasado xoves ante o Burela Pescados Rubén. Para iso, o persoal será recibido mañá ás 13h pola Corporación Municipal do Concello de Santiago no Pazo de Raxoi, que felicitará ao Santiago Futsal polo seu sexto trofeo da Copa Xunta e despedirá ao persoal antes das súas vacacións.
Pola tarde, xogadores e corpo técnico xogarán o tradicional partido de fútbol campo no Campo do Sergas a partir das 17h e pola noite despedirán a tempada cunha cea en O Dezaseis.











