A Concellería de Participación Cidadá de Ourense pon en marcha unha web para a cidadanía e movemento veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Participación Cidadá pón en marcha unha páxina web coa que achegará a cidadanía e colectivos veciñais un espazo para a divulgación de información de interese sobre actividades, servizos e normativa do Concello, así como das propias actividades que desenvolven as AA VV. A páxina web participación.ourense.es estrutúrase en 5 seccións básicas: entidades cidadás, novas, actividades, regulamento de participación e contacto.

Na sección Entidades veciñais ofrece acceso a información de utilidade acerca de tódalas asociacións e federacións veciñais, asociacións sen ánimo de lucro xuvenís, de terceira idade, entre outras, rexistradas na Concellería de Participación Cidadá. A web pon este espazo a disposición das asociacións veciñais, que poderán incluír a súa propia información sobre actividades que organizan, fotografías, documentos, etc. Este espazo pretende ser unha  ferramenta útil para que a cidadanía poda estar informada permanentemente sobre cada asociación e poder consultar a súa localización, horarios, actividades, directiva, galería fotográfica, ou achegar preguntas ou suxestións.

7 de maio de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.