A Concellaría de Cultura de Cambre creará un servizo de préstamo a domicilio
Co obxectivo de crear un servizo de préstamo e devolución de libros a domicilio, para achegar ás persoas que por diversos motivos de saúde véxanse incapacitadas, de maneira temporal ou definitiva, para asistir á biblioteca, a concellería de Cultura que dirixe Santiago Ríos presenta o programa Lectura porta a porta. Para levar a cabo este programa é indispensable a axuda do departamento de Voluntariado, que achegará catro acodes voluntarias, para poder facer fronte ao servizo, e que de forma altruísta mostraron a súa boa disposición a participar no desenvolvemento deste programa. Poderán ser usuarios deste servizo calquera persoa que por diversos motivos de saúde, véxase incapacitada de maneira temporal ou definitiva para asistir á biblioteca, sempre que así o acredite. O edil de Cultura, Santiago Ríos, asegura que é un programa necesario para Cambre e para mellorar o servizo das bibliotecas municipais. “Creemos que todos os cambreses teñen o mesmo dereito de gozar do noso patrimonio bibliográfico, polo que debemos de garantir que os que non poden acudir ás bibliotecas por motivos de saúde ou de mobilidade teñan acceso aos libros”, apuntou Ríos.
Así mesmo, os interesados en recibir este servizo haberán de cubrir a solicitude de obtención do cartón de lector das bibliotecas municipais. As solicitudes de devolución ou renovación poderanse realizar por teléfono ou por correo electrónico a cada unha do tres Bibliotecas Municipais de Cambre: Cada usuario poderá recibir no seu domicilio 3 documentos: 2 libros e 1 audiovisual. O período de préstamo será de 15 días, renovable por outros 15, sempre que eses documentos non teñan lista de espera. Unha vez rematado o tempo de préstamo, o material será recolleito no seu domicilio. A entrega e/ou recollida de libros ou material audiovisual no domicilio, realizarase os días 1 e 15 de cada mes, sempre que non sexa sábado ou festivo, nese caso pasaría ao seguinte lectivo.