A comisión de festas de San Pedro celebra a súa asemblea xeral
A comisión de festas de San Pedro celebra o vindeiro xoves ás 20.30 horas na casa do pobo de Nós unha asemblea xeral na que se renovará os cargos da xunta directiva e valorarase a posibilidade de organizar as festas deste verán 2014. A comisión anima a todos os veciños e veciñas da parroquia interesados en participar a que acudan o xoves á reunión.











