A cidade olívica revalida as nove bandeiras azuis

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por conseguir todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, xunto a Cartaxena, a cidade española con maior número de bandeiras azuis nas praias. O Concello de Vigo recibe tamén a distinción “Sendeiro Azul” para a senda do río Lagares. Caballero subliñou que “non é facil” obter este recoñecemento “nun ámbito municipal densamente industrial”, como é Vigo.

A cidade revalida no 2014 as nove bandeiras azuis do pasado ano, distincións que recoñecen a calidade e servizos dos areais do Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muiños do Fortiñón, Canido e Fontaíña, situándose con Cartaxena como a urbe con máis bandeiras azuis de España.

O alcalde saudou esta “boa nova” e resaltou que “non é fácil” conseguir tantos recoñecementos “nun ámbito municipal densamente industrial” como o de Vigo, ademais de ter que dar “cobertura” de servizos ás praias da Illas Cíes.

15 de maio de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.