A cidade herculina recibe a visita de seis cruceiros simultáneos

Carlos Negreira na visita ao peirao
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado pola tenente de alcalde responsable da área de Turismo, Luisa Cid, e a directora en funcións da Autoridade Portuaria, Susana Roel, visitaron o peirao de Trasatlánticos pola escala de seis cruceiros no porto da Coruña, e o embarque de pasaxeiros no buque Empress.
O rexedor, que destacou que é a primeira vez na historia do Porto e da cidade que se produce un feito destas características, recibiu os responsables do Deutschland, Empress, Delphim, Voyager, Oriana e Hamburg.
En total, desembarcaron na cidade en torno a 8.500 persoas entre pasaxe e tripulación. Nesta ocasión, ademais das distintas accións de información e atención a cruceiros e pasaxeiros que se ofrecen dende o Concello, púxose en marcha un dispositivo especial con máis persoal e máis puntos de atención turística ao cruceirista. Tamén se realizou un reforzo de transporte entre peiraos.











