A Casa da Cultura de Verín acolle un coloquio sobre “adestramento mental” de Rubén Domínguez
O próximo mércores 14 de maio as 20:30 na Casa da Cultura de Verín, Rubén Domínguez, experto en psicoloxía e coaching e membro do equipo de profesionais do Centro Libredón realizará unha charla coloquio sobre “Adestramento mental para unha vida saudable”.