A Cañiza acollerá “unhas vacacións alternativas” co I Encontro Mundonatura
En palabras dos seus organizadores, é un encontro de 8 días de vacacións alternativas en plena natureza cañicense preparado exclusivamente para “saborear e experimentar a vida a través da auga, o aire, o silencio, con talleres de alimentación, arte, danza, o espazo persoal, música, a natureza e o lecer”. Mundonatura A Cañiza é unha oportunidade de encontro coa natureza máxica e viva de Galicia, en concreto da comarca do Paradanta e da Cañiza. Un lugar especial debido á pureza das súas augas e do seu aire sanador.
Mundonatura A Cañiza son unhas amenas vacacións educativas para o corpo e para a mente onde o visitante poderá elixir de entre un selecto e amplo abanico de actividades que permitirán exteriorizar libremente vivencias, inquietudes e sentidos. Conferencias, ioga, axurveda, masaxe shiatsu, biodanza, danzas do mundo, mandalas, Sanación, gongs e cuencos tibetanos, camiñar consciente… e moita MÚSICA e tamén outras actividades como excursións ás pozas, termas e piscina naturais,… e todo iso pódese combinar elixindo os talleres ou actividades que sexan máis atraíntes.
Na web http://www.paradantaesvida.com, pódese profundar nos contidos, datas e no selecto e completo programa para estes 8 días de vacacións que poden ser familiares, preparadas e pensadas para todas as idades, onde se tiveron en conta todas as preferencias. O paquete completo ten un custo de 190 €uros cun desconto de 55 €uros si se reserva e realízase a inscrición antes do 30 de maio.
Ademais para aquelas persoas que non desexen adquirir a oferta completa pero si teñan interese en participar o fin de semana, ou algun dia en concreto tamén se lles ofrece esta posibilidade.
E como do que se trata é de axuntar sinerxías e conseguir que os veciños, turistas e visitantes anímense a participar neste encontro, Mundonatura ofrece tamén unhas actividades abertas a todo o público.
Unha exposición de fotografía e sons da natureza do Paradanta aberta durante eses días no Edificio Comarcal da rúa Silleda e un ciclo de conferencias sobre saúde, sobre os elementos e sobre a influencia do medio ambiente na saúde. Todas as conferencias desenvolveranse na Casa de Cultura da Cañiza e contarán coa participación dun selecto e experimentado grupo de profesionais do mundo da saúde e do medio ambiente. As entradas para participar nestas xornadas abertas estarán a disposición do público nos centros comerciais da Cañiza así como na Biblioteca Municipal.