A campaña ‘Separemos ben, reciclemos mellor’ chega a Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Alameda de Ponte Caldelas acollerá mañá mércores a visita dun vehículo adaptado dentro da campaña “Separemos ben, reciblemos mellor”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Ponte Caldelas, Sogama, Ecoembes, Ecopilas, Ecolec e ERP para fomentar unha maior concienciación cidadá sobre a necesidade de clasificar residuos na súa orixe para favorecer un mellor reciclado.

Esta iniciativa que chega a Ponte Caldelas enmárcase dentro dun programa que percorrerá un total de 150 municipios galegos a través da presenza dun vehículo adaptado coa lema da campaña e coa presenza de monitores especializados na materia para que poidan explicar aos transeúntes a importancia que ten participar activamente na xestión de residuos mediante redución, a reutilización e a reciclaxe.

Tamén se instalará unha carpa que albergará o xogo xigante da reciclaxe, unha adaptacion do xogo de mesa que Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, distribuíu hai tempo en todos os centros escolares de educación primaria de Galicia.

27 de maio de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.