A Biblioteca do Carballiño celebra o Día das Letras para os máis pequenos
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Con esta programación, a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.
Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atrayente. O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, á vez que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas
Día: xoves, 15 de maio
Hora: ás 18,00 h
Lugar: Biblioteca infantil municipal
Destinatarios: nenos e nenas entre 4 e 12 anos
Que sería do gato con botas sen as botas, de Cincenta sen o zapato de cristal, si os trasgos non lle fixesen zapatos ao zapateiro … Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos si non houbese zapatos?











