A Biblioteca de Cedeira programa un ciclo de contacontos para os máis pequenos da casa
No marco do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, a Biblioteca Municipal López Cortón de Cedeira programa neste mes de maio e en xuño sesións de contacontos para os máis pequenos da casa. Así, a primeira cita celebraráse o 14 de maio, a partires das 10,30 horas, co contacontos “O Aviador”, a cargo da compañía Elefante Elegante.
Na mesma, participarán alumnos e alumnas do colexio público Nicolás del Río. A función aborda a historia do encontro entre un aviador e un moucho a través dunha narración oral que se acompaña da manipulación de obxectos, as sombras chinesas, as marioneta de luva, a música, a xestualidade e aplasticidade do dispositivo escénico, creando un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra.
A seguinte sesión celebraráse o 26 do mesmo mes e á mesma hora, coa asistencia de nenos e nenas de entre cero e tres anos da Escola Municipal Infantil. Poderán disfrutar de “Os contos do chupete”, de Migallas Teatro. Trátase dunha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés.
E, rematando o ciclo, o 12 de xuño, a Biblioteca acollerá o contacontos “Érase unha vez uns zapatos…” da narradora Fátima Fernández. Planteará unha serie de preguntas aos alumnos novamente do colexio Nicolás del Río como “Que sería do gato con botas sen as botas?” “de Cinsenta sen o zapato de cristal?” “se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro? En definitiva, “sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?”.











