A banda Pink Tones ofrecerá un concerto no Teatro Colón da Coruña
A banda tributo a Pink Floyd recala este sábado 24 ás 23.00 horas no Teatro Colón dentro da xira One of These Days. Despois continuarán levando a música atemporal da mítica banda británica por cidades como Bilbao, Valencia, Barcelona ou Santiago de Compostela.
Álvaro Espinosa, Nacho Aparicia, Toni Fernández, Cefe Fernández, Pipo Rodríguez, Cristina Fernández e Ángela Cervantes compoñen esta banda que parte da premisa de que a música de Pink Floyd non debería morrer co grupo orixinal. A partir de aí crean un espectáculo en directo que conciben como un show respectuoso e con alma, Pink Tones afástanse da tendencia do disfrace e a caracterización e apostan por un formato que os entusiastas de Pink Floyd recoñecen como auténtico, con bo gusto e sobre todo intenso.
Ao longo dos seus dez anos de vida o grupo conseguiu un imparable camiño de mellora continua, tanto a nivel musical como de ambientación escénica. Na actualidade teñen fama de ser unha das mellores bandas tributo a Pink Floyd como sinala o seu mentor e padriño José Miguel López (Discópolis, Radio 3): ‘Su pasión, honestidad y buen hacer lo han hecho posible. El repertorio es una de las cuestiones que Pink Tones cuida de manera muy especial’
As entradas pódense adquirir a partir do luns 12 de maio a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén nos despachos de billetes do Teatro Colón, do Centro Sociocultural Novacaixagalicia e na web de Servinova a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.











