A Banda municipal de Lugo festexa o Día das Letras Galegas con un concerto
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este sábado un concerto da Banda Municipal de Lugo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
O concerto, dirixido por Rosendo Ivorra Jover e no que actuará como gaita solista Julián Villamor Regueiro, terá lugar ás 12.00 horas, na praza de Maior, dacordo co seguinte programa:
– Os labregos, de J. Carracedo
– Algueirada galega, de Faustino del Río
– Ferreira de Pallares, de V. Carricoba
– A miña aldea, de Miguel Groba
– Muiñeira de Montes
– Muiñeira do quinteto, Arr. Aquilino Piñeiro
– Viño de Amandi, de Felisindo
– Lugo en festas, de Ricardo Dorado











