A Baña investirá 154.000 euros na conservación de 30 kilómetros de infraestructura viaria
O Concello da Baña investirá 154.000 euros na reparación, conservación e mantemento duns 30 quilómetros de infraestructura viaria. Este proxecto está integrado no plan DTC 93 Unha Deputación para Todos os Concellos e irá mañán ao pleno extraordinario previsto no Concello da Baña. As obras comenzarán unha vez que o proxecto conte coa aprobación definitiva da Deputación da Coruña e da ‘luz verde’ do Pleno do Concello. Según o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, a reparación, limpeza, bacheo e asfaltado das vías farase nos próximos meses, aproveitando o bo tempo do verán.
O Concello explica que haberá actuacións nas 15 parroquias que conforman o Concello da Baña. E lembra que afectarán a uns 30 quilómetros de pistas. “Tentaremos solucionar os desperfectos ocasionados polos temporais durante o pasado inverno nas estradas que comunican os núcleos de poboación do noso concello”, apunta o rexidor da Baña. Están previstas actuacións en Suevos, Marcelle, O Barro, San Mamede, Lañas, Cabanas, Ordoeste, Corneira, A Riba, ademáis de outras zonas do Concello da Baña. O Concello confía en que ao longo do verán se reparen os desperfectos para poder iniciar o próximo inverno cunha infraestructuras viarias en bo estado.