A aula de ecoloxía urbana comeza o traslado á súa nova sede
O Concello de Ferrol informa de que mañá xoves iniciarase o traslado das actividades da Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) e do programa de Igualdade “Tempo para avanzar” a os novos emprazamentos en instalacións situadas na zona Centro da cidade e axeitadas para acoller estes servizos. Así, os nenos/as que participan nos obradoiros e programación da AEU continuarán coa súa actividade na edificación municipal situada no Cantón de Molíns; e a iniciativa “Tempo para avanzar” se desenvolverá a partir de agora nas dependencias da Casa da Muller.
No caso do programa de Igualdade, o traslado non suporán a interrupción da actividade. Así o sinalou a edil responsable desta Concellería, Verónica Casal Martínez, que explicou que as tarefas de traslado se levaran a cabo polas mañás aproveitando que “Tempo para avanzar” se desenvolve en horario de tarde: de 16.00 a 20.00 horas. No que atinxe a Aula de Ecoloxía Urbana, o titular de Medio Ambiente e Servizos, Borja Carro Muñoz, apuntou que se intentará que o cambio de sede ao Cantón de Molíns permita retomar os obradoiros medioambientais no menor tempo posible co obxectivo de que estes continúen a vindeira semana.
Cómpre salientar que a construción municipal do Parque Raíña Sofía albergará proximamente un servizo de hostalería, cuxa concesión recaeu na oferta presentada por Infante Díaz López. O concesionario abonará por esta concesión municipal un canon anual fixo de 9.600 euros –o prego técnico fixaba un mínimo de 9.000 euros- e realizará obras de mellora e acondicionamento nas instalacións por un importe total de 82.854,44 euros –o prego recollía un investimento mínimo de 48.163 euros-. Ademais de prestar o servizo de restauración e cafetería, o concesionario presentou un programa de dinamización que inclúe a organización de contacontos e manualidades para os menores, actividades dirixidas por un animador e música en directo con concertos de verán.











