A Aula Cemit de Poio programa novos cursos de alfabetización dixital
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio celebrará os seguintes cursos nas vindeiras semanas:
Do luns 2 ao mércores 11 de xuño o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende que o usuario obteña os coñecementos básicos para manexar un ordenador. O usuario o finalizar o curso poderá acender e apagar correctamente o computador, manexar o rato con soltura, familiarizarse co escritorio e as ventás e aprender a xestionar arquivos e carpetas (creación, eliminación, copia, …). Non se precisan coñecementos previos. O horario será de 17:00 a 19:00 horas.
Do luns 2 ao xoves 5 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Uso do DNI Electrónico (DNI-e)”, co que se pretende que o usuario saiba como empregar o DNI electrónico e facelo de forma responsable. O usuario ao finalizar este curso será capaz de acceder e realizar xestións con DNI-e vía web, de cambiar o contrasinal de acceso e de coñecer as súas posibilidades de uso. Os requisitos para este curso son ter coñecementos básicos no manexo do ordenador e dun navegador de páxinas web e non ter o DNI-e caducado.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.
Do luns 9 ao mércores 11 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: APPlicacións para móbiles”, co que se pretende que o usuario coñeza as posibilidades de uso das aplicacións no noso teléfono intelixente (smartphone). O finalizar o curso o usuario poderá buscar unha aplicación, instalala e desinstalala no seu smartphone e mantela actualizada, comprobar os permisos que solicita e o consumo de batería e memoria e facer uso da aplicación. Requírese dispor de teléfono intelixente (smartphone). Horario será de 19:30 a 21:00 horas.
O xoves 12 de xuño celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Uso seguro de Internet”, co que se pretende fomentar e concienciar sobre a navegación segura e responsable o conectarnos a Internet. Os requisitos para este curso son ter coñecementos básicos no manexo do ordenador e dun navegador de páxinas web. O horario será de 17:00 a 19:00 horas.A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.











