A aula Cemit de Poio programa cursos de alfabetización dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio celebrará os seguintes cursos nas vindeiras semanas:

Do luns 12 ao mércores 14 de maio o curso “Alfabetización dixital: Organización de viaxes na rede”, co que se pretende que o usuario coñeza os recursos que ten dispoñibles na Internet para planificar viaxes. O usuario o finalizar o curso poderá: Localizar, a través da Internet, información para preparar unha viaxe. Coñecer as posibilidades de reserva e de pagamento (transporte e aloxamentos) a través da Internet. Crear e compartir mapas e rutas personalizadas. Compartir información posterior á viaxe (fotografías e vídeos). Os requisitos para este curso son o de ter coñecementos básicos do manexo do ordenador e ter ou poder crear unha conta de correo electrónico.  O horario será de 10:00 a 11:30 horas.

Do luns 12 ao xoves 15 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico”, co que se pretende  que o usuario cree a súa propia conta de correo electrónico e a utiliza-la de forma axeitada. O usuario ao finalizar este curso será capaz de xestionar a súa conta de correo electrónico.  Identificar os principais servidores de webmail: yahoo, gmail, etc. Entrar na súa conta de correo empregando os datos de acceso. Identificar os distintos compoñentes dun webmail.  Enviar un correo electrónico. Responder a un correo electrónico. Anexar arquivos a un correo electrónico e descargar arquivos anexos. Os requisitos para este curso son ter coñecementos básicos no manexo dun ordenador  e dun navegador de páxinas web. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.

Do luns 12 ao martes 20 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Retoque Fotográfico”, co que se pretende  que o usuario coñeza as posibilidades de retoque dixital e do uso das aplicacións de retoque fotográfico. O finalizar o curso o usuario poderá identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital. Escoller o programa máis axeitado para as nosas necesidades. Resaltar determinados elementos nunha fotografía. Inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado. Modificar as propiedades da cor dunha fotografía e realizar un álbum sinxelo utilizando Picasa. Requírese ter coñecementos básicos do manexo dun ordenador. O horario será de 19:00 a 20:30 horas.

Do luns 19 ao mércores 21 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Busca de información na Rede”, co que se pretende  que o usuario coñeza o funcionamento  dos buscadores, realizar buscas avanzadas e os recursos de busca dos buscadores: busca de webs, imaxes, vídeo, libros… e outros recursos dispoñibles coma metabuscadores, redes sociais, wikis e alertas RSS.
O usuario o finalizar o curso poderá utilizar os recursos para realizar as buscas de forma máis eficiente. Adquirir capacidade para seleccionar a fonte máis axeitada para cada busca. Realizar buscas con sentido crítico, discriminando e analizando correctamente os resultados. Os requisitos son coñecementos básicos no manexo do ordenador e do navegador web.  O horario será de 10:00 a 12:00

 Do martes 20 ao venres 23 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Facebook”, co que se pretende  que o usuario  poda facer uso de Facebook, unha das principais redes sociais na Internet. O usuario o finalizar o curso poderá realizar a inscrición no Facebook.  Configurar o seu perfil de usuario.  Xestionar a privacidade do perfil.  Engadir novos amigos/as.  Enviar mensaxes a través da plataforma do Facebook e inserir imaxes e enlaces. Os requisitos son coñecementos básicos do manexo do ordenador e do navegador web. O horario será de 17:00 a 18:30.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

6 de maio de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.