A Aula Cemit de Poio programa cursos de alfabetización dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio oferta os seguintes cursos nas vindeiras semanas:

Do luns 19 ao mércores 21 de maio o curso “Alfabetización dixital: Busca de información na rede”, co que se pretende que os usuarios teñan unhas nocións básicas de procura de información na rede e ser críticos con esa información. Os participantes aprenderán a manexar un navegador de Internet, abrir páxinas introducindo o seu enderezo, realizar procuras sinxelas nun buscador e aprender a seguir os enlaces. O horario será de 10:00 a 12:00 horas.

Do martes 20 ao venres 23 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Facebook”, co que se pretende que os asistentes aprendan a empregar rede social Facebook. Os contidos a impartir permitiranlles realizar a súa inscrición no Facebook, configurar o seu perfil de usuario/a, xestionar a privacidade do perfil, engadir novos amigos/as, enviar mensaxes a través da plataforma do Facebook e inserir imaxes e enlaces. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.

Do luns 26 ao xoves 29 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Redes sociais”, co que se pretende que os asistentes coñezan as principais redes sociais e inscribirse e coñecer o funcionamento dalgunhas delas. O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

Do luns 26 ao venres 30 celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Elabora o teu CV” co que se pretende que os asistentes podan crear o seu currículo en formato dixital e dispor del para envialo por correo electrónico ou a páxinas web de emprego. O horario será de 17:00 a 19:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Todos os cursos, así como o uso da Aula Aberta, son de balde.

 

13 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.