publicidade hoxe

A Aula CeMIT de Boiro realizará 7 novos cursos para o mes de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Boiro abre o prazo de inscrición para cursos de informática o día 15 de maio.

• Curso de inicio a informática os días 25, 26 e 27 de xuño de 10 a 12 horas

• Curso de inicio a Internet e busca de información na rede os días 1, 2, 3, 4, 8 de xullo 10 a 12 horas.

• Elabora o teu CV o día 9 de xullo de 10 a 13 horas

• Busca de emprego en Internet os días 10 e 11 de xullo de 10 a 12 horas

• Correo web de Gmail os días 15, 18, 22 de xullo de 10 a 12 horas

• Compras seguras en Internet os días 23, 29 de xullo de 10 a 12 horas

• Aplicación online de Google en horario de 20 a 22 horas, consultar datas e prazas dispoñibles.

Tamén contamos con formación para persoas maiores de 65 anos en horario de 16 a 19 horas de luns a xoves onde quedan 2 prazas dispoñibles, para máis información contactar co axente TiC porque estes cursos divídense en 4 grupos e niveis de formación.

13 de maio de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.