A asociación ourensá AIXIÑA visita a Ruta do Viño do Ribeiro
Usuarias e usuarios das actividades de tempo libre de Aixiña pasarán o día da mañá, sábado 10 de maio, gozando dunha xornada de enoturismo.
O programa comezará ás 11:30 da mañá na Veronza, punto de comezo do “Sendeiro do Viño Accesible”, que forma parte da Rede de Sendeiros e Rutas cicloturísticas da Ruta do Viño do Ribeiro. Arredor das 12:30 visitarán a Xudería, a praza maior e o Museo Etnolóxico.
Despois do xantar, ás 16:30, a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro ofreceralle unha visita guiada á adega onde poderán coñecer máis en profundidade unha das adegas máis grandes de Galicia. Como remate os visitantes poderán participar nunha cata comentada dos seus viños.
Con esta actividade a Ruta do Viño do Ribeiro pretende unirse ao fomento do enoturismo accesible. Ofrecendo os seus recursos e servizos a todo tipo de visitantes interesados no turismo do viño.











