A asociación Mosslot abre as súas portas para tódolos afeccionados do rallislot

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMos
A-
A+
Mosslot

Mosslot

Dende a concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, informouse de que durante a fin de semana levarase a cabo unha xornada de portas abertas no local da Asociación Mosslot, na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.

A iniciativa, que ten como finalidade ofertar novos espazos lúdicos á poboación mosense, amais de dinamizar ás asociacións do municipio posibilitará a tódolos interesados no mundo do rallislot coñecer a historia, labor e habilidades da asociación Mosslot, que comezou a súa andaina no 2005.

Os destinatarios/as desta actividade serán todas aquelas persoas que teñan curiosidade ou interese, ou lles apeteza probar o manexo dos coches teledirixidos, sen haber un límite de idade establecido e sen supor ningún custe para os participantes.

“O obxectivo desta iniciativa é promover o ocio saudable entre a poboación mosense, amosar o traballo da Asociación Deportiva e Xuvenil Mosslot, facilitar unha alternativa de lecer gratuíta, dar a coñecer o mundo do scalextric e posibilitar o manexo de vehículos teledirixidos”, declarou a edil Kely Monzón.

A xornada de portas abertas realizarase o sábado 10 de maio de 17:00 a 22:00 horas, e o domingo 11 de maio de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, en San Eleuterio.

6 de maio de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.