A Asociación Dios y Pan inaugura o seu novo local nun baixo de Recimil

Rey Varela na inauguración do local
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, participaron hoxe na apertura da nova sede da Asociación Dios y Pan, entidade social que centra a súa actividade na protección ás familias e persoas con menos recursos mediante a entrega de alimentos, roupa, etc… A nova sede desta entidade, que comezou a súa actividade no ano 1997, emprázase no barrio de Recimil, nun baixo de titularidade municipal cedido polo Concello que se localiza na rúa Álvarez de Sotomayor.
Jose Manuel Rey destacou o traballo que realiza o amplo e activo tecido asociativo de ámbito social que desenvolve a súa actividade no municipio e agradeceu a solidariedade dos membros da entidade cos máis necesitados. A Asociación Dios y Pan conta con 58 socios/as na actualidade.











