A asociación de veciños da Barcala doa 200 quilos de alimentos á despensa municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+
Doazón dos 200 quilos de alimentos

Doazón dos 200 quilos de alimentos

A Despensa de Alimentos Municipal recibiu hoxe máis de 200 quilos de comida da Asociación de Veciños da Barcala, que tras disolverse hai semanas decidiu comprar alimentos cos seus fondos e doalos á despensa municipal. Os veciños aseguran que tras disolver a asociación, decidiron axudar cos fondos que quedaban aos usuarios de Servizos Sociais que peor o están pasando con esta crise.

A edil de Servizos Sociais, María Jesús González Roel, agradeceu a esta asociación este xesto coas familias que demandan este servizo xa que asegura que os usuarios da despensa aumentaron desde o inicio da crise. “Quero agradecer aos veciños da Barcala este xesto que tiveron cos usuarios da Despensa e tamén lembrar o labor exemplar dos voluntarios que traballan de forma altruísta na despensa”, apuntou.

28 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.