A AFAC abre as inscricións para as Copas AFAC e Mini Teresa Herrera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

A AFAC organiza unha tempada máis as Copas AFAC en fútbol 11 e o Mini Teresa Herrera en fútbol 8 en categoría Benxamín e Prebenxamín, esta última categoría é a gran novidade na presente tempada, pois será a primeira vez que os Prebenxamíns loiten por alcanzar unha final do Mini Teresa Herrera no estadio de Riazor.

Os clubs membros da asociación e aqueloutros que foron convidados a participar pola propia AFAC nas competicións de referencia, deberán formalizar a súa inscrición antes do venres, 9 de maio, ás 12.00 horas no e-mail info@afacoruna.com ou acudindo á oficina da AFAC.

As categorías que se organizarán serán:

FÚTBOL 11:

XIII Copa AFAC “Xuvenil local”
XIII Copa AFAC “Cadete local”
XIII Copa AFAC “Infantil 1ª local”
I Copa AFAC “Infantil 2ª local”

FUTBOL-8:

XVIII Mini Teresa Herrera Benjamín
I Mini Teresa Herrera Prebenjamín

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, todos os clubs participantes están convocados a unha reunión o mesmo venres, día 9 de maio de 2013, ás 20.00 horas no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, onde se procederá ao sorteo de cada unha das categorías e programación da competición.

7 de maio de 2014 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.