A AECC de Ourense organiza unha cea balide solidaria
A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE OURENSE organiza o próximo sábado día 31 de 2014 ás 22:00 h., unha Cea Baile no Liceo de Ourense. Colaborara o “Trío Lúa” ofrecendo unha actuación no transcurso da cea.
No acto, sortearanse diferentes obxectos doados por diferentes empresas e locais comerciais da cidade de Ourense que colaboran desinteresadamente coa aecc en Ourense.
Todo o que se recaude con esta cea benéfica irá destinado a diferentes programas de atención a enfermos e familiares que a AECC desenvolve en Ourense. (Programas de rehabilitación de enfermos, axudas económicas, psicolóxicas, programas de prevención, talleres, etc.)
Para poder asistir a Cea Baile, podranse retirar as invitacións o prezo de 30 Euros, chamando os teléfonos Telf: 988 219 300 – 988 219 306, ou pasando pola sede da AECC Ourense, C/ Curros Enriquez, 26 – 1º Esq.