A A.E.F. e a C.E.C. organizan dous cursos para traballadores asalariados
A Confederación de Empresarios de Coruña, en colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra, organiza dous cursos gratuítos que se iniciarán nos próximos días.
Un deles é o Curso “Ferramentas de Comunicación” de 45 horas de duración, iniciarase o vindeiro luns, 26 de maio e finalizará o 27 de xuño, con xornadas lectivas de luns a xoves. Durante o curso traballarase a comunicación dunha maneira global, como factor integrador que mantén unidos todos os elementos que configuran unha organización. Actualmente, ten todas as prazas dispoñibles cubertas.
O outro curso é de “Técnicas de Vendas” ten 45 horas de duración e iniciarase este venres, 23 de maio e finalizará o 23 de xuño, con xornadas lectivas en venres pola tarde e sábado pola mañá. Os obxectivos principais de curso son capacitar para a venda profesional, presencial e a distancia; creación de produtos, elaboración de argumentos de vendas e utilización de ferramentas 2.0 para a súa promoción. Este curso ten prazas dispoñibles para traballadores asalariados.











