Zafarrancho de limpeza na rúa Fernando Olmedo e na rúa A Seca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas rúas Padre Fernando Olmedo e a rúa da Seca, no seu primeiro tramo (dende Fernando Olmedo a Xosé Malvar).

A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

1 de abril de 2014 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.