XXXI Día do Xubilado en Cervo
O vindeiro 1 de maio de 2014 celebrarase no Concello de Cervo a edición número 31 do Día do Xubilado.
PROGRAMACIÓN:
-AUTOBÚS 1: Rúa,Sargadelos e Paraño
-AUTOBÚS 2: San Román, Castelo, Trasbar e Gondrás
-AUTOBÚS 3: Cervo, Figuerido, Espiñerido e Río Covo
-AUTOBÚS4: A Senra, Cuíña, Madeiro e Viladesuso
12:00 h. Hora de saída dos autobuses en todas as parroquias
12:30 h: Misa cantada polo dúo Maika e Johany no pavillón Municipal de San Ciprián.
14:00 h: Sesión vermú na praza dos Campos de San Ciprián acompañada polo grupo “SON DE VIGO”.
14:30 h: Xantar na carpa situada na praza dos Campos.
Haberá diferentes sorpresas e entrega de premios ao longo da xornada.











