Xuventude de Cambre abre o prazo para participar na Viaxe Cultural a Madrid
Xuventude abre o prazo para os mozos que queiran tomar parte na Viaxe Cultural a Madrid que terá lugar o próximo 25 de abril. Os interesados poderán gozar dun Tour panorámico por Madrid, unha visita a o Museo do Prado e ao Museo de Cera, un Xantar no Hard Rock café, coñecer o Estadio de fútbol Santiago Bernabeu, a Colección Fernando Alonso ou compras no Rastro de Madrid. Ademais, poderase visitar de forma particular os museos da zona (Museo Naval, Museo Reina Sofía, Museo Thyssen, etc…), xantar en restaurante no Escorial e Visitar Convento do Escorial.
A INSCRICIÓN poderase levar a cabo desde o luns 7/4/2014 ao venres 11/4/2014, ás 14 horas. Está dirixido a 30 mozos de 14 a 35 anos.
Dentro da programación do programa “Este Finde Teño Plan”, que engloba á súa vez varias novas iniciativas como padelboard, unha viaxe á neve, unha excursión multiaventura, cursos de surf, rafting, bautismo de mergullo, paintball, unha viaxe ao Acuapark de Cerceda e sobre todo, destaca un (finde cultural) viaxe cultural a Madrid.











