publicidade hoxe

Xove abre unha liña de axudas para arranxo de fachadas e outras actuacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove acaba de por  en marcha (Xunta de Goberno do 25 de marzo)  unha liña de axudas destinada dunha  banda a paliar no posible o problema do “feísmo urbanístico “ e doutra banda a melloralas condicións de habitabilidade das vivendas unifamiliares como unha medida máis tendente a evitar en xeneral o “feísmo “ e en particular o despoboamento dos núcleos  rurais do Concello.

As actuacións incluídas dentro da citada liña de axudas, son:

-Remate exterior ( lucido de fachadas) en vivendas unifamiliares con máis de  cinco de anos de antigüidade.

-Acondicionamentos do entorno e dos accesos a vivendas unifamiliares con máis  de cinco de anos de antigüidade dende as vías de titularidade publica.

-Construción ou acondicionamento de muros opacos de peche de solares no casco  urbano de Xove

As contías máximas de cada subvención en ningún caso superarán os 450 €uros por solicitante e vivenda; a contía exacta das mesmas determinarase en función do presuposto das obras a executar. A cantidade total aprobada pola Xunta de Goberno para estas actuacións é de 20.000 €uros.

Poderán solicitar estas axudas aqueles veciños/as de Xove que sexan propietarios dunha  vivenda unifamiliar con máis de cinco anos de antigüidade e o/os propietario/s de solares  ou fincas ubicadas no casco urbano de Xove con fronte a vial público.

O prazo para solicitar xa está aberto, e vai dende o 1 de abril ata o 30 de xuño. As solicitudes haberá que presentalas no Rexistro de Documentos do Concello.

As axudas concedidas deberán estar xustificadas, en todo caso, antes do 31 de outubro de 2014.

Para unha maior información (Bases, documentación a aportar, ect), pódese consultar a páxina web do Concello www.xove.es. Tamén se vai publicitar esta actuación a través dos distintos puntos de información que o Concello ten distribuidos polas distintas parroquias.

Documentación a aportar para realizar a solicitude:

-Solicitude no modelo establecido ao efecto.

-Documentación acreditativa da personalidade do solicitante ( Copias Autenticadas do  D.N.I. e do N.I.F.).

-Documentación acreditativa de que o solicitante é o propietario da vivenda ou do  solar ( Escritura Pública e/ou Certificación Catastral).

-Acreditación de que a vivenda ten unha antigüidade superior ós cinco anos, extremo que deberá acreditarse coa presentación da correspondente licenza de primeira  ocupación o no seu defecto cun informe emitido polos servizos técnicos municipais  acreditativo da antigüidade da vivenda.

-Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais ,  asinada polo solicitante acreditativa de que a vivenda non está incursa en ningún  procedemento de disciplina ou de reposición da legalidade urbanística.

-Declaración Xurada , no Modelo que o efecto se facilitará nas Oficinas Municipais , asinada polo solicitante de estar o corrente do pago de tódolos tributos municipais e  non ter débedas coa facenda municipal.

4 de abril de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.