XIII Torneo de Baloncesto “Concello de Soutomaior”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSoutomaior
A-
A+

Club Baloncesto Arcade, da man do Concello de Soutomaior, suma este sábado, 12 de abril, unha nova edición para o seu Torneo.

 A deste ano será a décimo terceira cita con esta competición, a disputar no pavillón Municipal A Montesiña a partir das 16.30 h. C.B. Airexa  (4º división FGB), C.B. Concert/Spain (3º División FGB) e o anfitrión,C.B. Arcade (3º División FGB) son os equipos invitadps a dar vida a este XIII torneo, que renova a aposta polo formato 3 x1, todos contra todos, en encontros de vinte minutos.

O Calendario completo para este XIII Torneo de Baloncesto “Concello  de Soutomaior” é o seguinte:

(A) C.B.Airexa – C.B. Concept Spain
(B) C.B. Arcade – perdedor A
(C) C.B. Arcade – vencedor A

O C.B Arcade espera facer un bo papel no torneo que lle servirá de preparación para a fase de ascenso que iniciará o día 27 de abril no Pavillón de a Montesiña.

10 de abril de 2014 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.