XII Certame de exaltación da Camelia e plantas ornamentais en Mañón
O Venres 18 de abril, a área recreativa e deportiva de Ribeiras do Sar, en Mañón, acollerá a XII certame de exaltación da Camelia e plantas ornamentais.
Cabe sinalar que o Concello de Mañón conta coa prantación de camelias máis grande de Europa. O horario deste certame será de 11.00 a 18.00 h. Contarase ademais coa actuación do grupo Intervalo Show na sesión vermú e despois da entrega de premios ás 18.00 h.
Haberá un posto de polbo e un chiringuito para os que desexen xantar na área. Inscricións para participar no certame ata o luns 14 de abril no propio Concello ou chamando ao 981 41 40 02 indicando nome e teléfono de contacto.