XI Xornada Interxeneracional de Ategal en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A sede en Ourense das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) e o alumnado das Facultades de Traballo Social e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense organizan, para o vindeiro xoves 10 de abril durante todo o día e a partires das 9.45 horas na Praza Maior, a XI Xornada Interxeneracional.

Nela participan e colaboran ademáis rapaces de entre 8 e 10 anos do Colexio Salesianos, a Asociación de Discapacidade de Ourense (ADO) a Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense (ESTOU) e a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE).

O encontro ten previsto reunir a máis de 200 persoas maiores, xente nova e cativos que van a interactuar e confraternizar, durante todo o día, polo casco vello da cidade onde participarán conxuntamente nunha foto de grupo e un gran xogo popular que escenificará varios pasaxes da Esmorga e no campus universitario onde participarán en multitude de actividades lúdicas, musicales e de lecer.

O programa comeza as 9.45 horas nas escaleiras de Santa María, na Praza Maior, onde os participantes vanse facer unha foto colectiva. Despois, organizanse en grupos de maiores e xóvenes para percorrer as rúas do casco vello da cidade no xogo “A Esmorga Interxeneracional” que ten previsto, entre outras actividades, recoñecer algúns lugares onde tivo lugar algún pasaxe da ´Esmorga´.

Pola tarde, no Campus Universitario Facultade Ferro e a partires das 16.00 horas celebranse varias actividades, abertas a todo o público que quera acudir e de xeito gratuito, coma xogos tradicionais, unha actuación de maxia, un show de lume, baile tradicional, unha merenda solidaria amenizada por pandereiteiras e un concerto dun grupo musical local.

Traxectoria

Ategal é un centro de formación socio cultural, colaborador da Xunta de Galicia, que, sen ánimo de lucro, leva dende 1978 axudando a manterse activo, a mellorar a calidade de vida de adultos e persoas maiores e a que estes atopen amizades e actividades para compartir no seu tempo de lecer. Pioneira na formación de adultos en Galicia, conta actualmente con 1.700 socios. En 35 anos Ategal formou a 55.000 alumnos. Algúns deles ata, cumpriron 20 anos na entidade.

8 de abril de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.