X Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

Este luns tivo lugar na Casa da Xuventude a presentación do X Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño e a presidente do Club Atletismo Vila de Cangas Mª del Carmen Parada. O responsable de Deportes do Concello de Cangas sinalou na súa intervención “o magnífico traballo que está a desenvolver esta entidade deportiva no noso concello e non sempre recoñecido”, “dende aquí quero felicitar aos seus deportistas polos seus constantes éxitos no que levamos de tempada” engadiu. Así mesmo quixo reiterar o compromiso do goberno municipal en colaborar “en todo o que precisen” para o desenvolvemento das súas actividades deportivas.

Por outra banda Parada explicou que o evento comezará ás 10.30 horas coa celebración das primeiras probas e está previsto que remate ás 13.30 horas coa entrega de premios. A presidente da entidade deportiva sinalou que este evento é unha proba federada polo cal está restrinxida a súa participación para os atletas que posúan a licencia federativa galega ou española. En total celebraranse máis dunha ventea de probas masculina e femininas nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa e absoluta nas modalidades de velocidade, lonxitude, disco e xavelina. Dende o Club Vila de Cangas destacan a importante representación canguesa no evento con 80 atletas preinscritos.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo ata o próximo mércores 30 ás 20.00 horas.

28 de abril de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.