Volven os premios do Cubo ao centro comercial As Cancelas
Un espazo en forma de cubo, unha azafata, unha pantalla táctil e moitos premios. Eses son os compoñentes que forman O Cubo, a iniciativa que volve ás Cancelas tras o seu rotundo éxito en marzo e coa que os visitantes poderán gañar entradas para o Circo do Sol, para o concerto de Melendi, noites de hotel, degustacións de cervexa e moitas máis sorpresas.
Para participar basta con ter un ticket ou tickets superior a 20€ e responder a unhas breves e sinxelas preguntas na pantalla táctil do Cubo. Só con tocar a pantalla activarase o sistema de sorteos do Cubo que será o que ditamine o premio obtido.
O Cubo é a última das moitas iniciativas que está a ter o Centro Comercial As Cancelas que, desde o comezo o do ano, tróuxonos iniciativas como o Festival do Humor, as actividades de Entroido ou o mes do Club de Celi, que vén desenvolvendo durante o mes de abril.











