Vixésima Terceira Asemblea Xeral da Asociación de Empresarios Ferrolterra
O xoves, 10 de abril de 2014, ás 18,30 horas en primeira convocatoria e ás 19,00 horas en segunda, celebrarase a Vixésima Terceira Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Empresarios Ferrolterra no Hotel Husa Odeón. No transcurso da mesma, presentaranse a memoria de actividades da Asociación, as contas anuais correspondentes ao ano 2013, así como o orzamento para o 2014, entre outras cuestións.
Na memoria de actividades, caben destacar os proxectos, aos que durante o ano 2013 prestámoslles un especial interese: A segunda edición da Ágora Empresarial Ferrolterra “Ferrolterra Reacciona” e a Campaña de contratación con empresas legais. No apartado de formación, destacamos a Conferencia e almorzo de traballo: “A Venda Cruzada: Unha estratexia de crecemento en mercados maduros”.











