publicidade hoxe

Visita medioambiental e cultural da Escola de Maiores de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O pasado 3 de abril, os membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Cabanas na Provincia de A Coruña, nunha das súas visitas culturais, que neste caso tivo unha importante impronta medioambiental, tal como veremos máis adiante. A viaxe a realizaron  acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad López e pola Educadora Familiar Angelica Casabella Quelle.

En canto ao desenvolvemento da propia visita, pola mañá, en compaña do Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais de Cabanas, así como pola Educadora Social, visitaron a Praia e o Pinar de Cabanas, pasaron pola Aula de Medioambiente das Fragas do Eume e visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Xa pola tarde,  despois de xantar, tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento da empresa “Meigas Fora”, produtora de licores, para rematar a estancia cunha visita á Igrexa de Cabanas.

8 de abril de 2014 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.