Visita ao programa de autonomía e habilidades sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces visita esta tarde, na Casazul, o programa de adquisición de autonomía, habilidades sociais e persoais que organiza este departamento do Concello en colaboración coa asociación Down Pontevedra- Xuntos.

O programa está dirixido a rapaces con discapacidade intelectual superior ou igual ó 33% de entre 8 e 15 anos.

Este novidoso programa ten como obxectivo dotar dos apoios necesarios para aumentar a autonomía en tódolos ámbitos da vida: persoal, social, educativo e familiar e traballar as habilidades no aspecto físico, afectivo, cognitivo, comunicativo, social e de inclusión escolar.

Un profesional será o que guía esta aprendizaxe. Traballará en pequenos grupos e constarán de adestramento na aula, en combinación con prácticas na rúa. Este profesional coordinarase co responsable técnico da Entidade Down Pontevedra “XUNTOS”.

1 de abril de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.