publicidade hoxe

Vilasantar mellorará varios equipamentos municipais cunha achega da Deputación por valor de 80.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaVilasantar
A-
A+

A Deputación da Coruña investirá 80.000 euros no Concello de Vilasantar para desenvolver varias actuacións no municipio. Por unha banda levarase a cabo a reforma da fachada do local social de Vilariño, traballos que ascenderán a 30.000 euros abonados en solitario pola institución provincial.

“Cada parroquia ten o seu local, e as fachadas do de Vilariño están en mal estado”, explica o alcalde, Fernando Pérez. Con este proxecto arranxaranse os catro lados do edificio, deixando nunha das bandas a pedra á vista.

En concreto, realizaranse traballos de limpeza, recebo, pintura e encintado de fachada. Ademais, substituirase a nova cuberta e actuarase no canlón e na baixada de pluviais.

Por outra banda, o presidente da institución provincial asinou outro convenio co rexedor para adecuar un espazo infantil na parroquia de Présaras. Este parque ofrecerá un dobre servizo porque ademais de ofrecer unha zona de recreo ao colexio de Présaras, que ata o de agora non tiña área exterior, tamén poderá ser utilizado polos veciños do contorno.

“O parque terá outra entrada para que, fóra do horario lectivo, poida ser utilizado por todo o mundo”, declarou o rexedor. Pola súa banda, o presidente da institución provincial, Diego Calvo, destacou a importancia que teñen estas pequenas obras nos concellos para as persoas: “Grazas a este investimento os veciños de Vilasantar disporán tanto dun local social en boas condicións como dun novo parque infantil”.

7 de abril de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.