Vilagarcía prepárase para a regata de Copa Sipre de Kaiak de Mar
Vilagarcía prepárase para acoller este xoves, a partir das 16.00 horas, unha nova regata de Copa Sipre de Kaiak de Mar. Unha competición que ten como un dos seus principios estar aberta á participación popular. Os percorridos deseñados pola organización son os habituais nas probas de kaiak de mar.
Co período de inscrición aínda aberto, a Copa Sipre segue co programa deseñado para a actual tempada. A cita en Vilagarcía pode chegar a reunir a máis de trescentos padexeiros, o que confirmaría a tendencia á alza en canto ao número de participantes. Tamén estarán en xogo os puntos para establecer as clasificacións individuais, unha iniciativa que se puxo en marcha na actual tempada.
Os organizadores esperan unha masiva participación popular e para iso ofrecen todo tipo de facilidades ás persoas interesadas. O percorrido deseñado é alcanzable para todas as idades.











